A páxina Web Technology, Entertainment and Design (TED, Tecnoloxía, Entretenemento e Deseño) Inspire article

Traducido por José Villanueva Santiago. TED (Technology, Entertainment and Design) é unha organización sen ánimo de lucro que comezou como unha conferencia para compartir "ideas que paga a pena estender". A primeira das súas conferencias anuais foi realizada en 1984 e, dende entón, o…

Agora Celébranse dúas grandes conferencias cada ano: a Conferencia TED en Long Beach e Palm Springs, as dúas en California, Estados Unidos, e da conferencia TED Global en Edimburgo, Reino Unido. As cotas de inscrición son moi elevadas, pero as conferencias son tan populares que as reservas están esgotadas cun ano de antelación.

TEDTalks é o nome dado aos discursos das conferencias que foron publicados en liña e, agora, son a esencia do sitio web TED. Baixo o título “Conversas esenciais de persoeiros notables, libres para o mundo (Riveting talks by remarkable people, free to the world)”, agrúpanse as conversacións dos últimos cinco anos, atopándose dipoñibles libremente baixo licenza de Creative Commons. Hoxe existen máis de 700, cubrindo unha ampla gama de . disciplinas, tornándose un recurso incriblemente rico. Entre os persoeiros atópanse: o matemático Marcus du Sautoy (on symmetry), o neurólogo Oliver Sacks (on hallucinations), o arquitecto Frank Gehry (on how he went from blowing up his house to being a world-renowned architect) e o percusionista virtuoso Evelyn Glennie (on listening to music with your whole body). A web ten un bo servizo de busca e os vídeos son visionados sen problemas.

Grazas ao proxecto de tradución aberta ·TED Open Translation Project”, que, como o Science in Schoolw1 (Ciencia na Escola), nútrese das achegas feitas co traballo abnegado de tradutores voluntarios en todo o mundo, as conferencias están agora dispoñibles con subtítulos en 89 idiomas.

Amais, existe o chamado TEDPrize, que é un premio anual a un individuo excepcional cun ” wish to change the world (desexo de cambiar o mundo)”, que xera proxectos de colaboración cun impacto a longo prazo. Tamén pode darse de alta no programa TED Fellows, que apoia mozos innovadores de todo o mundo que forman unha diversificada e fascinante comunidade. A interacción con eles a través do sitio web é enriquecedora.

A web TED non se destina a apoiar as necesidades de formación directamente. Pola contra, está abrindo a súa propia mente (como mestre) e a dos seus alumnos para a excitación sen límites da ciencia e tecnoloxía. Vai atopar algúns dos máis elocuentes defensores do mundo científico. O coñecemento ea inspiración que comeza a partir deles será moi valioso para o ensino e para os alumnos.

Máis información

URL: www.ted.com

 

Download

Download this article as a PDF

Web References

  • w1 – Para máis información sobre como converterse nun tradutor voluntario para a Science in School (Ciencia na Escola), axudando ós profesores na súa propia lingua para ler os nosos artigos, visite: www.scienceinschool.org/submissions/translators


License

CC-BY-NC-ND